Monday 13 de May de 2024

Bandeira Azul na Laracha


O alcalde, José Manuel López Varela, e os concelleiros José Ramón Martínez Barbeito e Patricia Bello, recibiron hoxe de mans do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, a Bandeira Azul que onderá na praia de Caión no verán e tamén o recoñecemento como Centro Azul de educación ambiental ao Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte de Golmar.

Achégase imaxe do acto celebrado hoxe na praia de Balcobo do municipio de Arteixo.